You are here

Dragado da Ría do Burgo sen vixilancia ecotoxicolóxica do seu impacto durante a execución

ria_do_burgo.pngO Dragado, que ven de aprobarse definitivamente este 11 de setembro (consulta resolución) tras décadas de peripecias administrativas, contempla a retirada de sedimentos contaminados por mercurio e outras sustancias na zona interna da ría do Burgo, onde existiron no pasado instalación industriais, con obxecto de rexenerar a ría. No seu día o grupo ECOTOX realizara alegacións ao proxecto, solicitando o emprego de bioensaios ecotoxicolóxicos para, por unha banda, caracterizar o material a dragar e, pola outra, vixiar a calidade da auga desta zona de marisqueo e lecer durante o dragado. O primeiro aspecto da alegación foi aceptado e o sedimento foi caracterizado polo CEDEX no ano 2015, empregando os bioensaios de Vibrio, anfípodos e ourizo de mar. Nembargantes o segundo aspecto da alegación foi rexeitado segundo nos ven de comunicar por escrito o rebautizado Ministerio para la Transición Ecológica. Así pois, durante os máis de dous anos que durará a intervención na que se retirará máis de 400.000 toneladas de sedimentos contaminados non teremos información da potencial toxicidade da auga no entorno da obra sobre as larvas de moluscos e outros organismos mariños. Crucemos os dedos.

© 1995 - 2020 Equipo de investigación ECOTOX.