O visor cartográfico web do grupo de Ecotoxicoloxía da Universidade de Vigo da acceso á información de contaminación química e ecotoxicidade na costa galega dende o ano 1997, agrupada por períodos de cinco anos. O visor ten a intención de servir de ferramenta para a consulta sobre o estado ambiental do noso litoral.
Os datos utilizados proceden de dúas fontes, por unha banda publicacións científicas e informes sobre a contaminación mariña no litoral galego, e por outra, traballos non publicados do noso grupo de investigación. Queremos agradecer aos autores destas publicacións o seu traballo e a axuda prestada por moitos deles para xeoreferenciar os datos.
Figura 1
Represéntanse datos de contaminación química: as concentracións de metais traza (cadmio, chumbo, mercurio, cobre e zinc) e hidrocarburos aromáticos policíclicos (antraceno, fenantreno, luoranteno, pinero, benzo-a-antraceno e benzo-a-pireno) en sedimento e mexilón de rocha silvestre, e datos de ecotoxicidade de auga e sedimentos (elutriados) testados co bioensaio de embrións de ourizo de mar. Para ambos tipos de datos utilízase un código de cores similar ó empregado pola Comisión OSPAR nos seus Quality Status Report; de mellor a peor estado: azul, verde, laranxa e vermello. Para elo propóñense tres puntos de corte (P1, P2 e P3), para os contaminantes en sedimento (táboa 1 e 2) , as probas de ecotoxicidade (táboa 3) e contaminantes en mexilón de rocha (táboa 4 e 5), cos que se obteñen catro estados ecolóxicos: Estado Nivel de Fondo, Estado Aceptable, Estado Dubidoso e Estado Inaceptable (fig. 1).
Os puntos de corte para a clasificación tomáronse de estudos científicos internacionalmente aceptados e os criterios da Comisión OSPAR para contaminantes en sedimentos e mexillón, e se resumen nas táboas seguintes.
A continuación preséntanse os puntos de corte escollidos para cada contaminante químico, matriz e bioensaio:
*Valores normalizados ó 5% de Aluminio. | ||||
Metais | P1 | P2 | P3 | |
---|---|---|---|---|
BAC (1) | ERL (2) | SQCM(3) | ERM (4) | |
Cadmio (Cd) | 0.129 | 1.2 | 9.6 | |
Cobre (Cu) | 27* | 34 | 270 | |
Chumbo (Pb) | 22.4 | 58.7 | 218 | |
Mercurio (Hg) | 0.091 | 0.15 | 0.71 | |
Zinc (Zn) | 122* | 150 | 410 |
HAPs | P1 | P2 | P3 |
---|---|---|---|
BAC | TEL (5) | PEL (6) | |
Fenantreno (Phe) | 7.3 | 86.2 | 544 |
Antraceno (Ant) | 1.8 | 46.69 | 245 |
Fluoranteno (Fla) | 14.4 | 113 | 1494 |
Pireno (Pyr) | 11.3 | 153 | 1398 |
Benzo (a) Antraceno (BaA) | 7.1 | 74.8 | 693 |
Benzo (a) Pireno (BaP) | 8.2 | 88.8 | 763 |
Bioensaio | P1 | P2 | P3 |
---|---|---|---|
EAC0(7) | EAC1 (7) | EAC2 (7) | |
Ourizo de mar | 0.879 | 0.694 | 0.508 |
Metais | P1 | P2 | P3 |
---|---|---|---|
BAC | MEDIUM(8) | HIGH(9) | |
Cadmio (Cd) | 0.96 | 4 | 10 |
Cobre (Cu) | 6 | 17 | 40 |
Chumbo(Pb) | 1.3 | 4 | 7 |
Mercurio (Hg) | 0.09 | 0.18 | 0.36 |
HAPs | P1 | P2 | P3 | ||
---|---|---|---|---|---|
BC(10) | CCAC(11) | BAC | EUR(12) | EAC(13) | |
Fenantreno (Phe) | 4 | - | 11 | - | 1700 |
Antraceno (Ant) | - | 0.44 | 2.7 | - | 290 |
Benzo (a) Antraceno (BaA) | 1.0 | - | 2.5 | - | 80 |
Benzo (a) Pireno (BaP) | 0.5 | - | 1.4 | 25 | - |
Os datos agrúpanse en periodos de cinco anos dada a estabilidade do sedimento, obténdose tres periodos de estudo: 1997-2001, 2002-2006 e 2007-2011, seleccionando o dato máis desfavorable cando para un mesmo punto hai máis dun valor.
Notas:
© 1995 - 2024 Equipo de investigación ECOTOX.