You are here

ECOTOX

Somos un equipo de investigación en Ecotoxicoloxía e Contaminación Mariña. Pertencemos á Universidade de Vigo e estamos integrados no grupo EcoCost. Estamos formados por membros do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal e do Departamento de Química Analítica e Alimentaria e dende o ano 1996 traballamos na recopilación de información ecotoxicolóxica mariña que aporte fundamentos científicos para elaborar criterios e normas ambientais para a protección dos ecosistemas mariños costeiros.

Na actualidade vimos desenvolvendo a nosa actividade de investigación no marco de proxectos financiados pola Unión Europea, o Ministerio de Ciencia e Innovación, a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e outras institucións con competencias ambientais, ademais de ter 9 teses doutorais concluídas, máis de 100 publicacións científicas SCI e 30 contratos de I+D con entes públicos e privados.

Os nosos laboratorios están ubicados nas Facultades de Ciencias do Mar, a Facultade de Químicas e na Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT).

Ir arriba

© 1995-2017 Equipo de investigación ECOTOX.