You are here

Visor Cartográfico

O visor cartográfico web do grupo de Ecotoxicoloxía da Universidade de Vigo da acceso á información de contaminación química e ecotoxicidade na costa galega dende o ano 1997, agrupada por períodos de cinco anos. O visor ten a intención de servir de ferramenta para a consulta sobre o estado ambiental do noso litoral.

accesoVisorOs datos utilizados proceden de dúas fontes, por unha banda publicacións científicas e informes sobre a contaminación mariña no litoral galego, e por outra, traballos non publicados do noso grupo de investigación. Queremos agradecer aos autores destas publicacións o seu traballo e a axuda prestada por moitos deles para xeoreferenciar os datos.

criteriosOspar

Figura 1

Represéntanse datos de contaminación química: as concentracións de metais traza (cadmio, chumbo, mercurio, cobre e zinc) e hidrocarburos aromáticos policíclicos (antraceno, fenantreno, luoranteno, pinero, benzo-a-antraceno e benzo-a-pireno) en sedimento e mexilón de rocha silvestre, e datos de ecotoxicidade de auga e sedimentos (elutriados)  testados co bioensaio de embrións de ourizo de mar. Para ambos tipos de datos utilízase un código de cores similar ó empregado pola Comisión OSPAR nos seus Quality Status Report; de mellor a peor estado: azul, verde, laranxa e vermello. Para elo propóñense tres puntos de corte (P1, P2 e P3),  para os contaminantes en sedimento (táboa 1 e 2) , as probas de ecotoxicidade (táboa 3) e contaminantes en mexilón de rocha (táboa 4 e 5), cos que se obteñen catro estados ecolóxicos: Estado Nivel de Fondo, Estado Aceptable, Estado Dubidoso e  Estado Inaceptable (fig. 1).

Os puntos de corte para a clasificación tomáronse de estudos científicos internacionalmente aceptados e os criterios da Comisión OSPAR para contaminantes en sedimentos e mexillón, e se resumen nas táboas seguintes.

 A continuación preséntanse os puntos de corte escollidos para cada contaminante químico, matriz e bioensaio:

 
Táboa 1. Valores de corte para metais en sedimentos (mg/kg PS).
 *Valores normalizados ó 5% de Aluminio.
Metais P1 P2 P3
BAC (1) ERL (2) SQCM(3) ERM (4)
Cadmio (Cd) 0.129 1.2   9.6
Cobre (Cu) 27* 34   270
Chumbo (Pb) 22.4   58.7 218
Mercurio (Hg) 0.091 0.15   0.71
Zinc (Zn) 122* 150   410
Táboa 2. Valores de corte para HAPs en sedimentos (µg/Kg PS). ).
HAPs P1 ​P2 ​P3
BAC TEL (5) PEL (6)
Fenantreno (Phe) 7.3 86.2 544
Antraceno (Ant) 1.8 46.69 245
Fluoranteno (Fla) 14.4 113 1494
Pireno (Pyr) 11.3 153 1398
Benzo (a) Antraceno (BaA) 7.1 74.8 693
Benzo (a) Pireno (BaP) 8.2 88.8 763
 
Táboa 3. Valores de corte para datos de ecotoxicidade en ourizo de mar (PNR).
Bioensaio P1 P2 P3
EAC0(7) EAC1 (7) EAC2 (7)
Ourizo de mar 0.879 0.694 0.508
 
Táboa 4. Valores de corte para metais en mexillón de rocha (mg/Kg PS).
Metais P1 P2 P3
BAC MEDIUM(8) HIGH(9)
Cadmio (Cd) 0.96 4 10
Cobre (Cu) 6 17 40
Chumbo(Pb) 1.3 4 7
Mercurio (Hg) 0.09 0.18 0.36
Táboa 5. Valores de corte para PAHs en mexillón de rocha (µg/kg PS).
HAPs P1 P2 ​P3
BC(10) CCAC(11) BAC EUR(12) EAC(13)
Fenantreno (Phe) 4 - 11 - 1700
Antraceno (Ant) - 0.44 2.7 - 290
Benzo (a) Antraceno (BaA) 1.0 - 2.5 - 80
Benzo (a) Pireno (BaP) 0.5 - 1.4 25 -
 

Os datos agrúpanse en periodos de cinco anos dada a estabilidade do sedimento, obténdose tres periodos de estudo: 1997-2001, 2002-2006 e 2007-2011, seleccionando o dato máis desfavorable cando para un mesmo punto hai máis dun valor.

 Notas:

  • (1) BAC: Background Assessment Concentration. Ospar Commision, 2013.
  • (2) ERL: Effects Range-Low. Long et al., 1995.
  • (3) SQCM: Sediment Quality Criteria values in minimal-effects range. Bellas et al., 2011.
  • (4) ERM: Effects Range-Median. Long et al., 1995.
  • (5) TEL: Threshold Effects Level. MacDonald et al., 1996.
  • (6) PEL: Probable Effects Level. MacDonald et al., 1996.
  • (7) EAC: Ecotoxicological Assessment Criteria. Durán & Beiras, 2010.
  • (8) MEDIUM: NOAA's thresholds for concentration ranges. Kimbrough et al., 2008.
  • (9) HIGH: NOAA's thresholds for concentration ranges. Kimbrough et al., 2008.
  • (10) BC: Background Criteria. Ospar Commision, 2013.
  • (11) CCAC: Criterios de Calidad Ambiental para Ecosistemas Marinos. Proyecto de Investigación CRISISMAR.
  • (12) EUR: Regulación Unión Europea Nº 835/2011.[pdf]
  • (13) EAC: Ecological Assessment Criteria. Ospar Commision, 2013.

 Ir a Arriba         Ir al Visor

© 1995-2017 Equipo de investigación ECOTOX.