You are here

Continúa sen solución a contaminación das augas de Nigrán

Desde Ecotox, levan tempo facéndose eco sobre o tema. Ricardo Beiras —catedrático en ecoloxía pertencente á equipa— sinala que todo este problema de contaminación ten que ver cunha “deficiencia nas redes de saneamento e cunha mala depuración” e que ademais é “un gran perigo para a saúde pública”. Explica tamén que nas depuradoras hai deficiencias na rede de saneamento nas tuberías ou nos rebosadeiros, “orixinando que gran parte das augas fecais dos concellos non vaian ás depuradoras e se vertan directamente nos ríos”. Na mesma liña advirte que “pode haber vivendas que nin sequera estean conectadas aos ríos”.

Ligazón: https://www.elsaltodiario.com/contaminacion/sen-solucion-contaminacion-nigran

Compartir: 

© 1995 - 2019 Equipo de investigación ECOTOX.