You are here

Interrupción endocrina por aditivos plásticos no ourizo de mar, Paracentrotus lividus

A equipa de investigación en Ecotoxicoloxía e Contaminación Mariña (ECOTOX), pertencente ao grupo EcoCost, traballa na avaliación integral da contaminación mariña mediante o uso combinado de ferramentas biolóxicas, química analítica, e recopilación de información ecotoxicolóxica mariña co fin de aportar fundamentos científicos que poidan ser empregados para elaborar criterios e normas ambientais para a protección dos ecosistemas mariños costeiros.

Pedro Campoy, integrado neste equipo de investigación e dirixido por Ricardo Beiras, está a desenvolver na súa tese doutoral unha ferramenta útil para avaliar a posible disrupción endocrina causada por diferentes contaminantes resultantes das augas residuais urbanas en organismos mariños, principalmente aqueles que demostraron alcanzar concentracións relevantes nos ecosistemas mariños (ditivos plásticos como ftalatos,  alquilfenoles, bromatos,  fosfatos, ou  filtros UV). O desenvolvemento desta ferramenta céntrase en avaliar a resposta a nivel molecular e  tisular (gónada, sistema dixestivo e celoma) no ourizo de mar Paracentrotus  lividus durante a fase de maduración sexual.

Durante a súa conferencia, Pedro presentou os resultados preliminares dos efectos destes contaminantes sobre a fisioloxía, histoloxía e proteómica do ourizo de mar. A conferencia tivo lugar no salón de actos da ECIMAT e está dispoñible na web de UVigoTV: https://tv.uvigo.es/video/5da80f591e19c008263c6802

Compartir: 

© 1995 - 2019 Equipo de investigación ECOTOX.