You are here

Webinar de lanzamento para os seis novos proxectos sobre microplásticos, 2ª convocatoria de JPI Oceans

logo-jpi_oceans.jpg

JPI Oceans organizou o webinar de lanzamento [1] dos seis novos proxectos de microplásticos (MPs) seleccionados para o financiamento na sua segunda convocatoria, sendo os seus nomes: Andromeda, HOTMIC, FACTS, iPlastic , microplastiX e RESPONSE.

Pola Universidade de Vigo o grupo de investigación ECOTOX participará no proxecto RESPONSE, principalmente no WP4 - "Toxicidade para o organismo", valorando os efectos crónicos dos microplásticos a nivel do organismo e validando o uso correcto dunha batería de bioensaios.

"Cara a unha avaliación baseada no risco da contaminación por microplásticos nos ecosistemas mariños: RESPONSE" é un gran consorcio de proxecto, formado por 14 institucións de 11 países europeos (Italia, Bélxica, Dinamarca, Estonia, Francia, Alemaña, Irlanda, Noruega, Portugal, España e Suecia), que estará coordinado polo profesor Francesco Regoli, departamento de Ecotoxicoloxía e Química Ambiental [2] da Università Politecnica delle Marche (UNIVPM).

Ligazóns útiles:

[1] https://twitter.com/jpioceans/status/1263043815394459649

[2] https://www.disva.univpm.it/content/ecotoxicology-and-environmental-chemistry?language=en

© 1995 - 2020 Equipo de investigación ECOTOX.