You are here

Servizos

Unhas augas limpas son un imperativo para a calidade da produción, así como un elemento absolutamente imprescindible para dotar ós produtos de Galicia da imaxe necesaria para asegurar o seu éxito comercial.

A día de hoxe, a protección do medio mariño costeiro debe ter en consideración o marco lexislativo disparado a partires da Directiva Marco del Agua (DMA) (Directiva 2000/60/CE) e a súa transposición á lexislación española na modificación da Ley de Aguas (Ley 62/2003 de 30 de diciembre, de medidas fiscales, administrativas y del orden social), o Reglamento de Planificación Hidrológica (R.D. 907/2007), e a posterior Instrucción de Planificación Hidrológica (Orden ARM/2656/2008). Á espera do desenvolvemento da Directiva especificamente mariña máis recente (Directiva 2008/56/CE, “Estratexia Mariña”), e o anteproxecto de lei de protección do medio mariño derivado da mesma, as normas mencionadas máis arriba e concibidas dende a perspectiva das augas continentais, constitúen o punto de partida sobre o que establecer os programas de seguimento costeiros no litoral español na actualidade.

A experiencia do grupo de investigación liderando estudios interdisciplinares de avaliación integrada da contaminación nas rías galegas permite responder a estas novas demandas lexislativas, utilizando indicadores químicos e biolóxicos de calidade de augas mariñas avalados polas institucións con competencias en xestión ambiental mariña a nivel internacional (ICES, OSPAR).

O grupo de investigación en Ecotoxicoloxía Mariña oferta os seguintes servizos (Consultar Tarifas):

  • Asesoramento ó sector produtivo privado relacionado có medio mariño.
  • Avaliación integral da contaminación mariña costeira.
  • Avaliación de risco ambiental a priori para intervencións nos sistemas costeiros.
  • Estudos ecotoxicolóxicos de calidade ambiental en áreas de interese para o marisqueo e a acuicultura.
  • Avaliación da sensibilidade de larvas de invertebrados mariños a certos contaminantes en ecosistemas costeiros.
  • Determinación de Cu, Pb, Zn y Cd total en augas naturais e efluentes, e especiación química, para determina-la fracción de metal dispoñible para os organismos.
  • Participación en cursos de formación relacionados có medio mariño, universitarios e extrauniversitarios, con posibilidade de docencia práctica.

Algunhas das técnicas máis empregadas no grupo de investigación son as seguintes:

  • Medida de parámetros indicadores de calidade en auga e sedimentos: DBO, fosfatos, osíxeno disolto, pH, temperatura, salinidade, H2S, potencial redox, contido orgánico.
  • Determinación e especiación de Cu, Zn, Cd y Pb en auga de mar.
  • Determinación do contido en metais traza (Cu, Zn, Cd, Pb) en matrices biolóxicas: Dixestión de tecidos en presenza de HNO3 y H2O2seguido de análise de metais por ICP-MS.
  • Determinación de hidrocarburos aromáticos policíclicos (HAPs) en sedimentos e organismos mariños.
  • Ensaios embriolarvarios en auga e elutriados de sedimentos.
  • Bioensaios con fitoplancto: Crecemento algal, produción, eficiencia fotosintética.

Ir a Arriba

© 1995-2017 Equipo de investigación ECOTOX.